GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O sábado, ás 18 horas, xogábase no pavillón municipal Lorenzo de La torre, un dos derbis Santiagueses da Liga Galega cadete, entre o Cenor Obradoiro e o Baloncesto Peleteiro.

O partido comezou cun bo ritmo dos locais que ían collendo algunha vantaxe no marcador, pero os colexiais non daban un balón por perdido e, tras dominar o rebote ofensivo, poñíanse en partido chegando ao descanso con igualdade no marcador (28-28).

Na segunda metade, os obradoiristas subiron o nivel defensivo e traballaron máis en pechar o rebote defensivo e aos poucos conseguían impoñer o seu ritmo de xogo. Así, ao final do terceiro cuarto, lograban oito puntos de diferenza no electrónico.

O Peleteiro seguía loitando e lograba acurtar distancias pero, faltando catro minutos para o final, tras boas saídas despois de rebotes defensivos e boas lecturas en xogo colectivo, os obradoirisatas conseguían sentenciar o partido.

Os parciais de cuartos foron: 18-16, 10-12, 18-10 e 22-13.

O próximo partido, o Cenor Obradoiro viaxará á cidade herculina a medirse ante o Basket Coruña, o domingo, ás 17:00 horas.