O Cenor Obradoiro CAB gaña na súa visita en Ferrol pese a un discreto encontro (45-52)
O sábado, as 12:00 horas no pavillón de Esteiro en Ferrol, xogábase a sétima e última xornada da primeira volta da fase norte da liga galega cadete masculina. O encontro comezaba con boas acción para o Basket Ferrol, que empezaba mandando no electrónico pero, pouco a pouco, os obradoiristas impoñían o seu ritmo de xogo e melloraban defensivamente, índose ao descanso por riba no marcador.
Tras o paso polos vestiarios, os obradoiristas ensinaron a súa peor cara no que vai de temporada, caendo en numerosas pérdidas de balón e sen a súa habitual intensidade defensiva. Deste xeito encaixaban un severo parcial que deixaba todo por decidir no último cuarto. Nestes definitivos dez minutos, o Cenor Obradoiro CAB soubo recompoñerse, atacar máis agresivo á canastra dos ferroláns, e a falta de un minuto para o final collían unha renda de cinco puntos que pechaba o encontro.
Os parciais por cuartos foron 11-19, 8-11, 15-2 e 12-20.
Na próxima xornada, os obradoiristas visitarán ao Estudiantes de Lugo, o domingo 17 de Decembro as 12:00 horas.