GK Creativity - шаблон joomla Скрипты

O sábado, ás 18:00 horas, na terceira xornada do grupo norte da Liga Galega, enfrontáronse no pavillón Lorenzo da Torre o Cenor - Obradoiro CAB fronte ao Basquet Coruña.

O encontro comezou cun bo ritmo de xogo dos locais, que comezaron a mandar no marcador a través de rápidas transicións e cun bo acerto dende máis aló dos 6,75 metros, chegando ao descanso cun 34-26 no electrónico.

Na segunda parte, os visitantes subiron moito o nivel defensivo, facendo caer aos obradoiristas gracias á súa intensidade en continuas precipitacións, empatando o partido a falta de tan só dous minutos para o final.

Nese intre, o Cenor - Obradoiro CAB sacou a relucir o seu carácter competitivo e, tras varias grandes accións de xogo colectivo, foron capaces de sentenciar o encontro mediante dúas triplas no último minuto.

Importante vitoria para os locais nun encontro moi competido e que anima a continuar co traballo e a mellora do equipo.

Os parciais por cuartos foron: 24-14, 12-12, 9-16 e 24-18.

A próxima fin de semana, o Cenor – Obradoiro CAB viaxará o sábado ás 18:00 horas ata A Coruña para medirse ao invicto Maristas.