Xornadas de captación para as categorías base do Rio Natura Monbus Obradoiro
- Categoría: Novas
Terán lugar durante a tarde do venres 5 de xuño no pavillón Lorenzo de la Torre
O Rio Natura Monbus Obradoiro organiza a próxima semana unha xornada de captación de xogadores para as súas categorías base, en plena fase de crecemento grazas entre outras cousas, á colaboración da recentemente activa Fundación Heracles.
A xornada terá lugar o próximo venres 5 de xuño no pavillón Lorenzo de la Torre. A sesión estará dividida por idades: de 17 a 18 horas poderán participar os nenos nacidos nos anos 2006 e 2007; de 18 a 19 horas será a quenda dos dos anos 2004 ou 2005; de 19 a 20 horas tocaralle aos nacidos entre 2002 e 2003 e por último, os máis maiores, nacidos no ano 2001 ou 2000, que poderán realizar as súas probas entre as 20 e as 21 horas.
Ás probas poderán asistir todos os nenos que desexen unirse aos equipos masculinos que ten nestes momentos o club, sen necesidade de anotarse previamente. Tampouco se esixe un nivel mínimo, polo que o único requisito é acudir con roupa de deporte e zapatillas, para poder levar a cabo a actividade deportiva.
A Fundación Heracles, o Rio Natura Monbus Obradoiro e o Colexio Manuel Peleteiro anunciaron hoxe publicamente a firma dun convenio de colaboración, polo que diferentes xogadores de categorías base do club poderán desenvolver a súa educación no centro de estudos.
O Rio Natura Monbus Obradoiro presentou hoxe unha das súas actividades de verán dedicadas aos máis pequenos: a terceira edición do Campus Obradoiro CAB - Barbanza, que se celebrará de novo no Concello de Boiro, entre o 27 de xuño e o 1 de xullo.
O proxecto O Camiño Acaba en Obradoiro foi presentado hoxe no Parador Santiago de Compostela incluíndo un saúdo do propio Terry Porter, que virá a España a realizar o Camiño de Santiago